‘Feminíssimas’ arrasou en Malpica | Próxima cita este venres con ‘Amantis’

0 minutes read

O auditorio do Centro Cívico de Malpica acolleu a representación “Feminissimas”, de STE Xeito Producións XVIII, unha comedia feminista interpretada por Stephy Llaryora, Noelia Blanco e Esther F. Carrodeguas que expuxeron tres maneiras de entender o feminismo. O vindeiro venres, 2 de decembro, (Centro Cívico, 20.30 horas) será a quenda doutra cita coa comedia dramática na que a compañía Rebordelos representará a obra «Amantis». Colabora nesta iniciativa a Deputación da Coruña e a concellería de Cultura do Concello de Malpica.