Fene | Reparado o pavimento de acceso ao polígono de Vilar do Colo

1 minutes read

Esta obra tivo un custe total de 175.000 euros, aportando a Xunta case o 70% do orzamento e o resto a cargo do Concello que foi o encargado de contratar e de executar a actuación.

A orde de axudas do 2020 permitiu financiar 9 proxectos nos parques empresariais de Coirós, Oroso, Boqueixón, Cambre, Carballo, Ordes, Ribeira, Santa Comba e Fene na provincia da Coruña, con achegas da Xunta que ascendes a máis de 852.000 euros que mobilizarán investimentos por 1,1 millón de euros.

Estas actuacións enmárcanse na aposta por impulsar a actividade industrial e complementa outras axudas postas en marcha para apoiar os parques empresariais galegos.