Ferida a condutora dun furgón de reparto de pan tras envorcar en Erbecedo, Coristanco

1 minutes read
  • Sucedeu no lugar de Silván preto das 11:00 horas deste martes

Os Bombeiros de Carballo foron requeridos na mañá deste martes no lugar de Silván, na parroquia coristanquesa de Erbecedo, tras ser alertados polo CIAE 112 do envorco dun furgón de reparto de pan.

O incidente produciuse poucos minutos antes das 11:00 horas. O vehículo quedou posicionado na estrada polo lateral do lado da condutora do vehículo quen, grazas aos bombeiros, foi capaz de saír polo seu propio pé. Aínda así, unha ambulancia trasladouna a Urxencias por feridas leves.

Ata o lugar dos feitos tamén se achegaron membros da Policía Local e Protección Civil de Coristanco e axentes da Garda Civil.