Ferida de consideración unha condutora tras chocar contra unha vivenda en Oza-Cesuras

@HelicoSantiago

  • Sucedeu arredor das 12:30 horas na AC-840, que une as localidades de Betanzos e Oza -Cesuras

Unha muller tivo que ser evacuada en helicóptero este mércores despois de colidir o vehículo no que viaxaba contra unha casa no punto quilómetro 2 da AC-840, a estrada que une as localidades de Betanzos e Oza-Cesuras, na Coruña.

O incidente tivo lugar preto das 12:30 horas e foron varias testemuñas do mesmo quen avisaron ao 112 Galicia. A vítima, que quedara inconsciente, tivo que ser excarcerada do turismo polos equipos de intervención.

No operativo participaron persoal do 061, os Bombeiros de Betanzos, o GES de Curtis e os axentes da Garda Civil de Tráfico, que investigan as causas do accidente. Tamén foi necesaria a intervención do servizo de mantemento da vía.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha