Unha muller tivo que ser evacuada de urxencia este xoves en Carballo. A señora de 62 anos de idade camiñaba con normalidade pola Rúa Colón, fronte ao Concello, cando sen contar tropezou co chanzo de acceso á praza onde se estaba celebrando o mercado deste xoves. A caída foi con moi mala fortuna, esta persoa levou un gran golpe na cabeza e na cara, por onde sangraba abundantemente, ademais tamén tiña golpes nos brazos e nas pernas. Ao lugar no seu auxilio acudiron, por proximidade, varios viandantes que a atenderon nun primeiro momento e en segundo plano unha ambulancia do 061 que, dada a gravidade das feridas, trasladouna ao hospital. Cabe destacar que nesa escaleira xa caeu máis xente, en días de feira, aglomeracións ou festas poden pasar desapercibidas, co correspondente perigo que conlevan ao non ser vistas. Camiñando cara a rúas de plataforma única e nunha zona practicamente peonil como esta, os presentes afirmaban non entender porqué existen esas escaleiras e non se actuou ao mesmo nivel ou cunha leve inclinación en forma de rampla.
35