27
O suceso ocorreu ás 13:25 horas deste martes, nun paso de peóns da rúa da Camuza B. Varios particulares, entre eles o condutor implicado, contactaron co 112 Galicia para comunicar o acontecido: un vehículo acababa de alcanzar a unha muller, que quedara tendida sobre a rúa. Aínda que nun primeiro momento os alertadores apuntaban que perdera a consciencia, pouco despois eran os membros do GES de Ponteceso e da Policía Local do municipio os que indicaban que fora evacuada consciente polos servizos sanitarios. Ademais, tomaron parte neste operativo os axentes da Garda Civil de Tráfico.