Falece unha muller atropelada por un tractor en Bertamiráns

0 minutes read

Segundo as primeiras informacións a vítima estaría cruzando por un paso de peóns situado á altura do número 36  da avenida de Maía cando foi alcanzada por un tractor. A muller foi trasladada ao complexo hospitalario de Santiago. Resultou ferida de gravidade, pero acabou falecendo. Hai menos dunha semana, nesta mesma localidade producíase o accidente mortal no que perderon a vida un pai e a súa filla.