35
O sinistro produciuse na AC-552, en A Pereiriña, tal e como indicou a persoa que chamou ao 112 Galicia para alertar pouco antes das seis da mañá deste sábado.
Segundo explicou, a ferida saíu despedida do vehículo e temíase pola súa vida. Sen embargo, á chegada dos recursos de emerxencias, comprobouse que a persoa mostraba lesións importantes, pero coas constantes vitais activas.
A muller afectada foi inmobilizada e posteriormente trasladada ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Foi necesario regular o tráfico xa que o turismo quedou invadindo un carril da estrada comarcal.
Neste operativo interviñeron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Cee e os axentes da Garda Civil de Tráfico.