Ferida grave unha muller tras saír despedida do coche nunha saída da vía en Cee

1 minutes read

O sinistro produciuse na AC-552, en A Pereiriña, tal e como indicou a persoa que chamou ao 112 Galicia para alertar pouco antes das seis da mañá deste sábado. 

Segundo explicou, a ferida saíu despedida do vehículo e temíase pola súa vida. Sen embargo, á chegada dos recursos de emerxencias, comprobouse que a persoa mostraba lesións importantes, pero coas constantes vitais activas.

A muller afectada foi inmobilizada e posteriormente trasladada ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee. Foi necesario regular o tráfico xa que o turismo quedou invadindo un carril da estrada comarcal.

Neste operativo interviñeron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Cee e os axentes da Garda Civil de Tráfico.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?