Ferida gravemente por un gorila unha coidadora do zoo de Madrid


Un gorila de uns 200 quilos de peso feriu gravemente unha coidadora do zoo de Madrid. A muller foi trasladada ao hospital con varios traumatismos e contusións. A coidadora accedeu á gaiola onde estaba o animal que ía tomar nese momento o seu almorzo, cando se abalanzou sobre ela. Varios coidadores lograron afastar o primate da vítima con fume de extintores, tranquilizalo cun dardo anestesiante e rescatar a muller, de 46 anos, que foi atendida a continuación por un equipo do Samur. Desde o zoo din que todo apunta a un fallo humano. Cren que o gorila agrediu a muller porque se sorprendeu ao vela cando ía comer e consideran que a abaneou sen empregar toda a forza da que sería capaz.