Ferida leve unha persoa tras un accidente de autobús con rotura de cristais no Concello de Cee

Foto: Bombeiros de Cee.

Os bombeiros do parque provincial de Cee acudiron na mañá deste domingo a un accidente dun autobús que rozou cunha sinal de tráfico provocando a rotura dos cristais da parte traseira do vehículo. O sinistro producíase no cruce de Roget na estrada comarcal AC-552 ao seu cruzamento coa AC-550. A consecuencia da colisión,  un rapaz sufriu lesións leves debido a pequenos cortes producidos polos cristais.

Related posts

Vimianzo contará cunha sede da UNED para impartir de forma presencial cursos e actividades universitarias

A laracha destinará os fondos do POS+ 2026 integramente a gasto corriente

A mostra de cine Amal en Ruta volve a Carballo para achegar a situación do pobo palestino