Ferida nunha saída de vía na DP-1914 preto de Rus – Carballo

Unha moza de sobre uns 30 anos de idade resultou ferida no quilómetro catro da estrada DP-1914 que une Carballo con Portomouro. 112 Emerxencias Galicia deu a voz de alarma dos feitos que ocorreron sobre as tres da tarde cando o vehículo que conducía a xóven dirección a Carballo -por motivos que se investigan- cruzou a mediana, o carril contrário e saíuse da vía pola marxe esquerda da súa marcha.

Testemuñas presenciais indicaron que ao parecer, unha vespa entroulle no habitáculo e despistou á condutora, que estivo consciente en todo momento ata que foi evacuada ao centro médico. Asistiron ao lugar dos feitos a Policía Local de Carballo, unha ambulancia do 061, os Bombeiros do Parque Comarcal e a Garda Civil.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha