42
Unha muller resultou ferida este luns ao saírse da vía e envorcar co vehículo que conducía cando circulaba pola N-547, á altura do punto quilométrico 58, ao seu paso pola localidade de Arzúa.
A alerta ao 112 Galicia deuna unha muller sobre as 10:30 h e, aínda que ata o lugar dos feitos acudiron entre outros os Bombeiros de Arzúa, non foi preciso o uso do material de excarceración posto que utilizaron o portón traseiro para evacuar a muller do interior do turismo.