43
A condutora dunha bicicleta resultou ferida na tarde deste mércores tras ser alcanzada por un turismo no lugar da Rega, na parroquia carballesa de Bértoa. O 112 Emerxencias Galicia pasou o aviso ás 17:40 horas. Ao lugar acudiu unha ambulancia do 061 que evacuou ao PAC de Carballo á ciclista, aqueixada dun forte golpe nunha perna, o condutor do turismo resultou ileso. Ao lugar foi mobilizada unha patrulla da Policía Local, así como a Garda Civil de Tráfico.