Ferida unha muller á que lle roubaron o bolso con 700 euros en Carballo

1 minutes read

Unha muller de avanzada idade e veciña de Coristanco resultou ferida na cabeza tras caer e golpearse contra o chan, debido a un forcexeo coa persoa que lle roubou o bolso polo método do tirón. Os feitos producíronse ao redor do mediodía deste xoves na zona do Parque do San Martiño, onde curiosamente hai uns días un vehículo atropelou a un empresario do barrio da Milagrosa e deuse á fuga. A muller cobrara unha cantidade de diñeiro na entidade de Abanca na rúa Vázquez de Parga, polo que puido ser seguida polo presunto ladrón ata a zona onde se cometeu o delito. Unha vez atacada, a señora dirixiuse de novo á entidade, nun estado alto de nerviosismo, chorando e cun golpe na cabeza. Foron os empregados de Abanca os que contactaron coas forzas da orde e estas con a súa familia para atendela. Ao mesmo tempo púxose en marcha unha investigación, á espera da presentación da denuncia no cuartel da Garda Civil, para tratar de pescudar o ocorrido e a detención da persoa ou persoas que cometeron o roubo. O bolso foi recuperado por un viandante, pero botouse en falta o diñeiro e a documentación da muller. O presunto autor, de ser detido, poderíaselle impoñer unha pena de prisión de 2 a 5 anos, ou na súa metade superior se na comisión do delito usase armas ou outros instrumentos perigosos, tal e como reflicte o Artigo 242 do Código penal.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?