Ferida unha muller de 73 anos nun accidente de tráfico en Santa Comba


Unha muller de 73 anos quedou ferida de consideración nun accidente rexistrado na mañá deste martes en Santa Comba, no lugar de Barbeira.
O vehículo en que viaxaba saíu da vía e envorcou. Foi necesaria a intervención dos Bombeiros do Xallas para axudarlle a saír do vehículo. Con todo, a muller estivo consciente en todo momento e foi trasladada en ambulancia ao hospital Clínico de Santiago, con feridas leves.

Ata o lugar tamén se desprazaron efectivos da Garda Civil, Policía Local e Protección Civil. Os veciños foron os que deron a voz de alarma, ao escoitar o ruido producido tras o golpe.