Ferida unha muller embarazada ao saírse da vía e caer por un terraplén en Cerceda

Unha muller embarazada resultou ferida este luns ao saírse da vía e caer por un terraplén o turismo no que circulaba en Cerceda. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, a ferida foi trasladada ao Hospital Materno da Coruña.

O accidente produciuse na AC-400, a dous quilométricos da Silva, en sentido a esta poboación.

Unha persoa particular daba conta do sinistro ao 112, acto seguido, o persoal do CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Ordes, da Garda Civil de Tráfico, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e do servizo de mantemento da estrada.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha