31
Unha muller resultou ferida en Ourense como consecuencia dun accidente no centro da cidade. Ocorreu ás portas do pazo da Deputación provincial. Segundo testemuñas presenciais, un coche da Policía Local, que circulaba coas luces de emerxencia, invadiu a beirarrúa ao intentar esquivar un autobús, chocou contra unha xardineira de grandes dimensións que, á súa vez, golpeou á muller. Foi trasladada en ambulancia, aparentemente, con feridas leves.
