Ferida unha muller nun accidente de tráfico na AC-552 en Cabovilaño, na Laracha

1 minutes read

Unha muller de mediana idade resultou ferida, en principio de carácter leve, como consecuencia dun accidente de tráfico ocorrido no punto quilométrico 24 da AC-552, á altura da parroquia larachesa de Cabovilaño. Segundo testigos presenciais, parece ser que a condutora dun Porsche Cayenne que circulaba en dirección A Laracha perdeu o control do vehículo que se saíu pola marxe dereita da calzada impactando contra a cuneta. A muller, única ocupante do vehículo, queixábase dunha forte dor no peito pola presión exercida polo cinto de seguridade, pero en principio o seu estado non revestía gravidade. Desde o 112 trasladouse aviso á Policía Local, Protección Civil e aos sanitarios do 061.