Ferida unha muller nun accidente de tráfico na DP-1902, entre Carballo e Oza

1 minutes read

Unha muller de mediana idade resultou ferida de consideración e tivo que ser excarcerada por membros de Protección Civil tras un sinistro de tráfico ocorrido pasados uns minutos das cinco da tarde deste sábado no quilómetro dous da estrada DP-1902 que une Carballo con Razo. O equipo de Atestados da Garda Civil de Tráfico que acudiu ao lugar investiga as causas do sinistro, que se producía entre dous vehículos nun momento de moito vento na zona. O turismo da marca Dacia que conducía a muller volteou tras o accidente e quedou en posición horizontal sobre a acera e o carril bici. Tras o aviso pasado polo 112, ao punto acudiron Protección Civil, a Policía Local e a Garda Civil de Carballo, ademais dun equipo de Atestados. A condutora foi evacuada do lugar nunha ambulancia do 061ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña. A súa acompañante tamén resultou ferida.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?