Ferida unha muller nun atropelo en Ardaña, Carballo

1 minutes read

Unha muller de avanzada idade resultou ferida de consideración tras ser atropelada por un turismo na parroquia carballesa de Ardaña. O accidente produciuse ás 17:20 horas deste venres no lugar de Vivente, preto do quilómetro 2,5 da estrada provincial DP-1914 que comunica Carballo con Portomouro e a súa vez con Santiago de Compostela. Segundo testigos presenciais o coche circulaba de Carballo cara a Santiago, cando a muller que camiñaba polo arcén intentou cruzar a estrada de súpeto, polo que o condutor do turismo non puido facer nada por evitar o contacto e a muller caeu ao chan. Ao lugar desprazouse unha ambulancia que trasladou a persoa ferida, cun golpe nun brazo e na cabeza, ao Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC). A Garda Civil de Tráfico instruíu dilixencias do sinistro, en primeira instancia o condutor do turismo, veciño da parroquia de Rus, circulaba á velocidade correcta e deu negativo na proba de alcoholemia. A muller ferida reside a poucos metros do lugar do accidente.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?