Sobre as 15:30 horas deste martes o 112 Emerxencias Galicia mobilizou aos servizos de urxencia para atender o atropelo dun peón en Carballo. O accidente produciuse á altura do número 5 da rúa Álvaro Cunqueiro, onde un turismo atropelou a unha muller de mediana idade, e veciña da zona, que quedou tendida na calzada. Á chegada de Protección Civil e da Policía Local cortouse a rúa ao tráfico e aos poucos minutos o persoal sanitario do 061 atendía á muller ferida, que foi evacuada do lugar en ambulancia ao hospital.