Ferida unha muller tras saírse da vía co seu coche en Sorna, Muxía

Accidente en Sorna, Muxía_AVPC Muxía

  • Sucedeu pouco despois das 08:00 horas deste mércores, no punto quilométrico 6 da DP-2303

Unha saída de vía na DP-2303 ao seu paso polo lugar de Sorna, en Muxía, deixou unha persoa ferida de carácter leve. O incidente produciuse pouco despois das oito da mañá deste mércores no punto quilométrico 6, dirección Muxía.

A vítima, única ocupante do turismo, foi atendida por efectivos do 061 no lugar dos feitos e despois foi trasladada ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee para a súa avaliación, segundo sinalan desde Protección Civil de Muxía.

Descoñécense as causas que puideron provocar este accidente, ao que tamén acudiron os Bombeiros Costa da Morte, Policía Local e Garda Civil de Tráfico.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha