Ferida unha persoa ao ser atropelada xunto ao Lidl en Carballo

Unha señora de mediana idade resultou ferida de consideración nas pernas ao ser atropelada por un vehículo na mañá deste xoves. A baixa visibilidade e a intensa choiva reinante nese momento puideron contribuír ao sinistro producido ás 12:20 horas no aparcamento do Hipermercado Lidl, na avenida de Bértoa en Carballo. O 112 Emerxencias Galicia deu a voz de alarma e ao lugar desprazouse a policía Local e unha ambulancia do 061 que trasladou á ferida ao centro médico da localidade para ser avaliada facultativamente en primeira instancia.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha