Ferida unha persoa en Muxía tras a colisión entre un coche e unha furgoneta


Un accidente de tráfico, ocorrido na mañá deste xoves entre unha furgoneta e un turismo na localidade de Muxía, saldouse co traslado dunha persoa ferida.

A colisión tivo lugar arredor das 10:00 horas, cando unha testemuña chamou ao 112 Galicia para informar do sinistro de tráfico na parroquia de Moraime, no lugar de Figueiras de Arriba. 

Deste xeito, desde o CIAE-112 comunicóuselle o feito aos servizos sanitarios, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, aos Bombeiros de Cee e aos membros de Protección Civil de Muxía.

Finalmente, a dotación de bombeiros que se desprazou ata a zona indicoulle aos operadores do 112 Galicia que un condutor implicado tivo que ser trasladado ao Hospital de Cee.