Feridas dúas persoas en Vilagarcía tras caer parte dunha estrutura dun supermercado

0 minutes read

Segundo informou Protección Civil de Vilagarcía de Arousa, caeu o letreiro da carnicería, que estaba ancorado a un falso teito interior por oito cables de aceiro. O falso teito desplomado medía 17 metros de ancho e 8 de alto. Ata o lugar desprazouse a Policía Nacional, a Policía Local, os bombeiros de Vilagarcía e de Ribadumia así como emerxencias sanitarias. As persoas feridas foron trasladas de urxencia en ambulancia. O superemercado, situado nas Carolinas, permanece pechado ao público e a Policía Científica investiga as causas deste sinistro.