Ferida unha persoa en Vimianzo nun accidente entre dous camións

0 minutes read

Unha persoa de mediana idade resultou ferida na tarde deste luns como consecuencia dun accidente de tráfico entre dous camións ocorrido no termo municipal de Vimianzo. Segundo informou o 112 Emerxencias Galicia o sinistro aconteceu no quilométrico 67,5 da AC-552, á saída do centro urbano vimiancés en dirección a Fisterra. Un camión colisionou por alcance contra outro que se atopaba correctamente aparcado.