Ferida leve unha persoa por un incendio nunha cociña na Travesía de Meicende, en Arteixo

Bombeiros de Arteixo durante unha intervención recente_Arquivo.

Os bombeiros do parque provincial de Arteixo foron alertados, ao redor das 14:49 horas deste mércores, recibiron un aviso polo 112 dun incendio nunha vivenda na Travesía de Meicende.

O lume orixinouse na cociña, afectando a electrodomésticos e mobles desta mesma estancia. A Policía Local de Arteixo foi a primeira en intervir, controlando o incendio mediante o uso dun extintor, posteriormente os bombeiros prodeceron á extinción completa e á ventilación da vivenda.

Unha persoa resultou ferida leve, quen rexeitou asistencia sanitaria no lugar. 

Related posts

Rescatan a unha persoa da auga na Coruña, preto da Torre de Hércules, pero faleceu no hospital

A Deputación da Coruña convoca a oitava edición dos Premios PEL

Licitada a construción de sendas peonís nas estradas DP-5602 e DP-1302, en Negreira