Un home que manexaba un tractor agrícola resultou ferido e tivo que ser evacuado en ambulancia ao hospital tras chocar cunha furgoneta na estrada AC-432, ao seu paso pola Ponte do Porto, en Camariñas. O choque produciuse pasadas as oito da mañá e foi moi violento, a máquina agrícola quedou envorcada sobre a calzada, aínda así, o condutor da furgoneta resultou ileso. Ademais da os servizos sanitarios, o 112 Emerxencias Galicia mobilizou ao lugar do sinistro aos Bombeiros de Cee e á Garda Civil de Tráfico.
Ferida unha persoa na Ponte do Porto tras un choque entre un tractor e unha furgoneta
Lugar del accidente_Bomberos de Cee.