Ferida unha persoa no incendio dun piso en Betanzos

0 minutes read

Unha persoa necesitou asistencia ao inhalar fume despois de declararse un incendio na cociña dun piso en Betanzos. Segundo a información recollida no 112 Galicia, ardeu a estancia por completo por mor dunha tixola esquecida ao lume. Os feitos sucederon na Rúa de Pintor Seijo Rubio, unha persoa particular alertaba o incendio ao 112 Galicia. Axiña, os xestores do CIAE  112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Betanzos, da Policía Local e de Protección Civil.