Ferida unha persoa nun accidente con seis turismos implicados en Cee

Un accidente múltiple con seis turismos implicados en Cee saldouse na tarde deste sábado con unha persoa ferida. O accidente ocorreu minutos antes das 14:30 horas, na DP-2303, no quilómetro aproximado 11, ao seu paso pola parroquia de A Pereiriña.

Foi un particular quen, a esa hora, chamou ao 112 Galicia informando do accidente. De contado, os xestores do CIAE-112 Galicia informaron do sucedido a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, aos axentes da Policía Local e aos membros de Protección Civil de Cee.

Finalmente, os servizos de emerxencia desprazados ata o punto, informan ao 112 Galicia que no accidente houbo seis vehículos implicados, tres deles ían circulando e os outros tres estaban estacionados. A maiores, unha persoa resultou ferida.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha