Ferida unha persoa nun accidente de tráfico en Malpica

Imaxe dunha ambulancia 061

O sinistro produciuse preto das 19:00 horas deste venres no lugar coñecido como A Fonte dos Bois, na estrada AC-418, en Seixas, Malpica. Tratouse dunha colisión entre dous turismos, que foi atendida polo 112 Emerxencias Galicia, tras o requerimento dun particular que alertaba do sucedido. Ao lugar trasladouse unha ambulancia do 061 que atendeu a unha persoa ferida, así como a Garda Civil de Tráfico, Protección Civil de Malpica e o GES de Ponteceso.