Ferida unha persoa nun accidente en Bustelo, Dumbría

Bombeiros de Cee.

O suceso tivo lugar na tarde deste domingo cerca do lugar de Bustelo, no Concello de Dumbría. o 112 Emerxencias Galicia daba a voz de alarma do sinistro, enviando ao lugar a unha Ambulancia do 061 Urxencias Sanitarias de Galicia así como aos Bombeiros de Cee. Ao punto tamén se desprazou Protección Civil e unha patrulla da Garda Civil de Tráfico. Foi necesario facer limpeza viaria por derrames incontrolados na estrada derivados do accidente.