Ferida unha persoa nun accidente en Erbecedo, Coristanco


Unha persoa resultou ferida nun accidente de tráfico ocorrido minutos antes das cinco da tarde deste mércores na estrada DP-1912 que une o lugar da Canosa, na recta de Rus -Carballo- co núcleo de Coristanco. Segundo o 112, o sinistro produciuse no lugar da Braña, correspondente á parroquia coristanquesa de Erbecedo, concretamente no cruzamento que enlaza a citada vía co acceso ao colexio Canosa-Rus. Polo menos dous turismos víronse involucrados no choque, e posiblemente un terceiro. Circunstancias que investiga a Garda Civil de Tráfico desprazada ao lugar dos feitos. A estrada estivo practicamente cortada durante varios minutos, dado que os vehículos implicados invadían case por completo os dous carrís de circulación.