22
Ás 16:00 horas deste mércores o 112 Emerxencias Galicia alertaba dun accidente de circulación entre dous vehículos, na estrada que vai de Vilariño a Oruxo, (Cruce de Serantes), onde resultou ferida unha acompañante dun dos vehículos involucrados, que foi atendida no punto polo persoal do 061 Urxencias Sanitarias, por sorte, non precisou ser trasladada. No operativo participaron efectivos da AVPC Protección Civil de Muxía, 061 Urxencias Sanitarias e a Garda Civil de Tráfico.