Ferida unha persoa nun accidente en Padreiro, Vimianzo

0 minutes read

Unha persoa resultou ferida este domingo nun accidente de tráfico ocorrido na estrada AC-441 ao seu paso polo lugar de Padreiro, correspondente ao termo municipal de Vimianzo. O 112 Emerxencias Galicia mobilizou ao lugar dos feitos aos servizos de urxencia, afortunadamente, a pesar da aparatosidade da colisión, cando estes chegaron o único ocupante do vehiculo, atopábase fora do mesmo, e unha vez atendido, os Bombeiros do Parque de Cee limparon a zona de restos do sinistro.