57
O accidente produciuse na tarde deste venres e saldouse con dúas persoas feridas de consideración. Un Opel saía do aparcamento dun establecemento agrícola e ao incorporarse á AC-552 en dirección a Baio, foi alcanzado por un turismo Renault que circulaba sentido Vimianzo. Tras a inercia do impacto frontal o Renault acabou nunha leira a varios metros de distancia, levándose o seu condutor a peor parte do sinistro. Segundo informaron os Bombeiros de Cee, o accidente obrigou a cortar un carril da AC-552 máis dunha hora. No operativo participaron o 061, os Bombeiros de Cee, a Garda Civil e Protección Civil.