34
Varios particulares informaron ao 112 Galicia dunha colisión entre un coche e unha moto, na que unha persoa necesitaba asistencia médica. O sinistro tivo lugar na estrada comarcal AC-400 e, do mesmo, foron alertados desde o CIAE-112 os servizos sanitarios, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Ordes e os membros de Protección Civil de Cerceda. Estes últimos, desde o lugar, confirmáronlle ao 112 Galicia que unha persoa lesionada tivo que ser trasladada ao centro hospitalario de referencia.
