Ferida unha persoa nun aparatoso accidente en Carballo

Un home de mediana idade tivo que ser atendido por un equipo sanitario desprazado ao lugar do accidente a bordo dunha ambulancia medicalizada. O sinistro producíase uns minutos antes das once da mañá deste martes na confluencia da rúa Alexandre Bóveda con Avenida de Finisterre. Un turismo Citroën chocaba de xeito frontal con outro da marca Opel que recibía o golpe no lateral dereito. A Policía Local acudía a tramitar as correspondentes dilixencias.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha