35
Un varón tivo que ser atendido a causa de queimaduras despois de declararse un incendio nunha vivenda en Abegondo, na parroquia de Leiro.
Segundo a información recollida no 112 Galicia, o home, que resultou ferido nunha man, foi trasladado ao Complexo Hospitalario Universitario da Coruña.
Ademais, o incendio, que se orixinou na cociña da vivenda, deixou a casa totalmente calcinada.
Os xestores do CIAE 112 Galicia pasaron o aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Betanzos, á Garda Civil, á Policía Local e a Protección Civil da localidade.