Ferida unha persoa nunha saída da vía en Cee

1 minutes read

O 112 Emerxencias Galicia emitiu unha alerta minutos antes da unha da tarde deste sábado motivo dun accidente de tráfico con feridos no lugar de Xallas, no Concello de Cee. Ao lugar desprazáronse de inmediato unha ambulancia do 061 así como os Bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento con base en Cee. A súa chegada ao punto do sinistro constataron que se trataba dunha saída da vía na rotonda de Xallas dun turismo cun só ocupante no seu interior e que estaba ferido leve. A persoa afectada foi evacuada en ambulancia para recibir asistencia médica das súas feridas no Hospital Virxe da Xunqueira de Cee.