37
Unha persoa resultou ferida de consideración este martes logo de sufrir unha saída de vía co turismo que conducía preto do porto de Brens en Cee. O 112 Emerxencias Galicia enviou ao lugar do accidente en auxilio dos feridos unha ambulancia do 061, unha patrulla da Policía Local e aos Bombeiros do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña con base en Cee. A persoa foi evacuada do lugar pola ambulancia ao hospital público Virxe da Xunqueira de Cee.