Ferida unha persoa nunha saída de vía en Fisterra

0 minutes read
Bombeiros de Cee.

Pasadas as 11:30 horas deste venres un particular chamou ao 112 Galicia para notificar o sinistro, acontecido na estrada de Fisterra a Lires, á altura do lugar de Castrexe. A testemuña afirmaba que un turismo caera por un terraplén pero que non había persoas atrapadas no interior do mesmo.

Así, desde o CIAE-112 díxoselle aos servizos sanitarios, aos Bombeiros de Cee, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local e aos membros de Protección Civil.

Finalmente, a dotación de Bombeiros indicou que a persoa implicada no accidente foi trasladada polo 061 ao hospital de Cee.