Ferida unha persoa tras chocar tres turismos na Laracha

Unha persoa resultou ferida tras producirse unha colisión múltiple entre tres turismos na Avenida de Fisterra da Laracha, á altura do número 99.
A alerta activouse ao fío das 14:30 horas deste xoves tras recibir o 112 Galicia a chamada dunha persoa particular, implicada no accidente. Co fin de prestar apoio aos posibles feridos e restablecer as condicións de seguridade na vía, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia informou aos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, así como aos axentes da Policía Local, aos Bombeiros de Bergantiños e aos voluntarios de Protección Civil da localidade.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha