16
O accidente produciuse minutos antes das sete da tarde deste mércores na estrada que une a zona do cemiterio de Bértoa con Verdillo, preto do depósito de auga, no mesmo víronse implicados unha furgoneta Renault Trafic e un Alfa Romeo. Os condutores eran os únicos ocupantes dos vehículos, levándose a peor parte o da furgoneta, que foi trasladado en ambulancia a un centro hospitalario. Ao lugar desprazáronse efectivos do 061, Garda Civil de Tráfico e Protección Civil de Carballo. A estrada estivo cortada case unha hora e foi necesario realizar unha limpeza viaria profunda debido á cantidade de restos do accidente esparexidos pola calzada.