Ferida unha persoa tras un choque en Coristanco e outra en Rus

1 minutes read

Unha persoa resultou ferida pasadas as tres da tarde deste luns tras unha colisión entre dous turismos no lugar de Capelán en Coristanco, próximo á rotonda de acceso ao Carrefour. Ao lugar acudiu unha patrulla da Garda Civil de Carballo e unha ambulancia do 061 que atendeu á persoa ferida, aínda que en principio, á espera de diagnóstico médico, non parecía grave.

Outro accidente tivo lugar á primeira hora da noite deste luns no lugar da Canosa, na parroquia carballesa de Rus. Unha persoa tivo que ser evacuada nunha ambulancia do 061 tras un contratempo cunha moto. Ao lugar do sinistro acudío a Garda Civil de Tráfico e Atestados.