Ferida unha septuaxenaria en Muxía, alcanzada polo seu propio vehículo agrícola

0 minutes read

Ás 19:04 horas deste luns, o 112 Galicia alertaba dun accidente de circulación cunha persoa ferida no lugar de Agrodosio (Vilastose) no concello de Muxía.
Por causas que se descoñecen, a persoa ferida, unha muller septuaxenaria, foi alcanzada polo seu propio vehículo agrícola, mentras levaba a cabo labores agrícolas.
A muller foi atendida no lugar do accidente polo personal do 061 Urxencias Sanitarias de Galicia e unha vez estabilizada evacuada ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee, para a súa avaliación.
Interviñeron efectivos da Policía Local, Protección Civil, 061 Urxencias Sanitarias de Galicia, e Garda Civil de Tráfico.