36
Á última hora da tarde deste domingo o 112 Emerxencias Galicia daba a voz de alarma tras comunicarse con eles varios particulares que alertaban dunha saída da vía dun turismo Toyota Corolla que circulaba pola estrada AC-433 que une Laxe con Camariñas. O sinistro tivo lugar entre as parroquias de Nande e Traba. Alí acudiron en auxilio o 061, a Policía Local de Laxe, o GES de Ponteceso e a Garda Civil de Tráfico. Os feridos foron evacuados polo 061 ao hospital Virxe da Xunqueira de Cee.