O sinistro producíase na madrugada deste sábado na parroquia do Eixo, en Santiago de Compostela. Un coche circulaba polo corredor da AG-59, que xunta o concello santiagués co de Teo, cando ao chegar á rotonda de enlace coa autoestrada do Atlántico, non conseguiu parar e acabou batendo contra o valado de protección de cemento. Os bombeiros de Santiago tiveron que liberar a condutora e a unha acompañante, mentres que o copiloto baixou polo seu propio pé. Os tres feridos foron evacuados ao Hospital de Santiago, dous con feridas leves e outro con prognostico reservado. A Garda Civil de Tráfico investiga o sinistro, no que a néboa mesta e o firme esvaradío puideron influír.