Feridas tres persoas tras incendiarse un baixo comercial en Santiago

1 minutes read
  • O lume iniciouse nun cadro eléctrico e calcinou ata as vigas de madeira da edificación

Na noite deste xoves tres persoas tiveron que ser trasladadas ao Hospital Clínico de Santiago tras resultar afectadas pola inhalación de fume procedente dun incendio nun baixo comercial na Rúa Vilar, en Santiago.

Pasadas as 21:30 horas os veciños do edificio foron quen avisaron ao 112 Galicia para dar conta do suceso. Segundo indicaron os bombeiros de Santiago, o incendio comezou nun cadro eléctrico situado na planta baixa do edificio e calcinou na súa totalidade o baixo comercial, afectando tamén ás vigas de madeira da edificación.

Ao lugar tamén se desprazaron persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Policía Nacional e local.

Por precaución, o inmoble foi desaloxado mentres duraron as tarefas de extinción.